Título: Sinbad
Ano: 2011
Coprodutores: Ficción Producciones e Televisión de Galicia
Guión e Dirección: Antón Dobao
Argumento: Marcos Nine
Reparto: Xosé Oliveira "Pico", Sara Casasnovas, Mariña Sanpedro
Música: Segundo Grandío - Casa de Tolos
Sinopse: Nun pobo mariñeiro, vive un home duns cincuenta e tantos anos que traballou nun estaleiro, foi mariñeiro e subsiste cunha pensión non demasiado xenerosa por xubilación anticipada, incapacitado por unha enfermidade crónica. A súa vida transcorre apracible, entre o coidado do seu horto, os seus paseos á beira do mar, as súas visitas ao porto, a súa observación reverente do mar e a fascinación polas estrelas, os planetas, o cosmos e os universos paralelos. Chámase Aurelio, pero prefire que lle chamen Sinbad, coma o vello mariñeiro. Comparte os seus coñecementos fantásticos cos seus compañeiros diarios de café e dominó na taberna propiedade de Mansur, un home viúvo que ten ao seu cargo a Sara, a súa filla, de entre dez e trece anos coa que Sinbad mantén unha relación moi estreita e afectuosa.
Co mundo fantástico e luminoso de Sinbad contrasta a dureza e a escuridade do universo de Vanesa, unha rapaza de vinte e tantos anos que, tras ser despedida do taller téxtil no que traballa, instálase na vella casa da súa avoa, na vila onde vive Sinbad. A relación entre Sinbad e Vanesa atravesará dúas fases. A primeira, de antipatía; a segunda, de mutua afección. Sinbad conserva o seu mundo fantástico tamén grazas a outros personaxes que irán tecendo os seus fíos. Entre eles, Alba que representa o amor inalcanzable e puro, Aurora, vella amiga de Sinbad e avoa de Vanesa, Manolo e Primitivo. Axudado por todos eles e por Aldán, un misterioro personaxe que chega a instalarse ao pobo, Sinbad será teimudo ata o final para alcanzar un obxectivo que ben valería unha vida enteira: emprender a viaxe definitiva cara as lexendarias Illas Cotovías


