Conversas co vento. Mar Libre

Miniserie
Xénero: Acción/Aventuras
Ano: 2009
Coprodutores: Ficción Producciones, Televisión de Galicia
Director: Daniel de la Torre
Guión: Daniel Sáez de Parayuelo, Alberto Guntín, Victoriano Sierra, Daniel de la Torre
Música: Manu Riveiro
Reparto: William Miller, Luís Castro Zahera, Jose Ángel Egido, María Vázquez
Sinopsis: 1789. Na costa de Galicia crece unha próspera industria de conserva de sardiña; os fomentadores cataláns, impulsores quince anos atrás, recollen o beneficio da súa visión de negocio.
Pero un deles, Amadeo Curt, explota aos pescadores que traballan para el, amasando cada vez máis fortuna e poder, con métodos de escravitude e extorsión. Os pescadores cansados e impotentes ante o tirano, non logran atopar unha solución.
A chegada de Anxo Estrada, Capitán da Real Armada, quince anos despois da súa marcha do pobo por culpa do fomentador catalán, axudará ao seu pobo e iniciará unha revolta na que os pescadores loitarán pola súa dignidade, pola súa vida, pero sobre todo pola liberdade.
Formato: HDCam